Universo Babalú
Equipo humano
Humildade, compromiso, flexibilidade e capacidade son os valores desde os que facemos o noso traballo coa ilusión de respectar ese camiño polo que chegarmos cada vez máis lonxe.

Juan Ignacio Borrego Vázquez
CEO, responsable da Dirección Executiva, Artística e de Calidade Final.
Pertencente á primeira promoción de dobraxe de Galicia (1982), foi no ano 1985 o director de dobraxe máis novo de España. En 1998 compaxinou outros ámbitos profesionais e, sen deixar a dobraxe, granxeou recoñecida experiencia na dirección e na xerencia de empresas ao asumir altas responsabilidades de administración, dirección comercial e distribución e loxística en compañías de telecomunicacións, de enerxías renovables e de desenvolvemento de software e de Internet a nivel nacional, así como de comercialización e implantación de solucións B2B e B2C.
Marina Sánchez de la Peña
Administradora Delegada e Directora de Dobraxe
Actriz e directora profesional de dobraxe en activo desde o ano 1985, dobrou, entre outras actrices, a Isabelle Adjani, Robin Wright, Emma Thompson etc., e participou na dobraxe para cine de títulos como Los amigos de Peter, El abogado del diablo, El cosmonauta, Tina, la vida de Tina Turner ou Cars 3, así como en múltiples series de televisión, longametraxes, documentais e proxectos de voces superpostas. Dobra e dirixe indistintamente en lingua galega ou castelá.
Directora de dobraxe desde o ano 2005, foi responsable de cásting e directora de series de sona como Drake & Josh ou iCarly.
Desde 2007, desenvolve tamén tarefas de formación de dobraxe e sonorización para estudios de gravación, axencias etc., e desde 2019 é administradora de Babalú Studios.
Marta Fernández Barros
Área de Produción, Xestión Administrativa, Planificación e Coordinación.
Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Oviedo e de León, acredita máis de 20 anos de experiencia no desenvolvemento da xestión de produción e da planificación en estudios de gravación, así como na atención e coordinación de proxectos con clientes.
José M. García Sánchez
Área Técnica, Gravación e Mesturas
Profesional do son con ampla e demostrada experiencia de máis de 20 anos, formado na CES de Madrid no ano 2002, é tamén músico en activo.
Nuria Señor Buceta
Departamento de Produción, Subtitulado e Administración.
Titulada como Técnico Superior Administrativo, xestiona a Área de Subtitulado, as comunicacións internacionais da compañía e a produción.
Xurxo García Grandal
Área Técnica, Gravación e Mesturas.
Profesional do son con ampla e contrastada experiencia de máis de 20 anos, formado no IES Escola de Imaxe e Son da Coruña 1999-2001, é tamén músico en activo.
Alejandro Borrego Sánchez
Departamento de Produción e Subtitulado
Cursou estudos de Inglés en Cambridge e universitarios de Turismo en Madrid e Alacante. Ademais de actor de dobraxe en activo, xestiona a área de Produción, Subtitulado e as comunicacións internacionais da compañía.

Equipo artístico
O noso cadro complétase con enxeñeiros electrónicos, de soporte e de seguridade informática, técnicos de dobraxe e de son, lingüistas, auxiliares de produción e persoal administrativo. No que concirne ao ámbito artístico, contamos cun amplo colectivo de profesionais da dirección, do axuste, da adaptación de textos e da tradución, así como con máis de 180 voces distribuídas en todas as cordas e timbres necesarios para afrontaren proxectos en diferentes idiomas.










