Babalú Studios Academy é a Escola de Dobraxe
Babalú Studios Academy é a Escola de Dobraxe
Desde o ano 2009 formamos e perfeccionamos voces novas coa garantía de facérmolo desde un auténtico estudio de dobraxe e sonorización que colabora coas maiores empresas de creación de contidos para televisión e vídeo.
Aprender a usar a voz de forma correcta
A dobraxe é un proceso complexo que require saber como usar a voz, como modelarla. A voz é un instrumento que temos á nosa disposición e o saber como usalo pode transformar todo aquilo que dicimos. Como usamos a voz inflúe nas nosas relacións persoais, na nosa seguridade e na nosa autoestima.
Para os procesos de locución profesional, a voz repercutirá na credibilidade dunha escena, o impacto dunha mensaxe publicitaria, o correcto uso da cadencia documental, o detalle dun rumoreo, a emisión, o tempo, o ton e a proxección #ante diferentes auditorios, o coidado do propio instrumento vocal, o descubrimento de tesituras e gamas, de harmónicos únicos, de cores, dos nosos resonadores, de ritmos interpretativos etc.
Curso de dobraxe e sonorización
Co noso curso de dobraxe e sonorización formaraste como actor ou actriz profesional de dobraxe. O curso desenvólvese durante o período escolar de outubro a xuño, durante 120 horas de formación na que máis do 90% das mesmas son prácticas.
Aínda non che decidiches? Contámosche un par de datos!
Tíralle o máximo partido á voz.
Co curso profesional de dobraxe que organiza Babalú Studios (un dos principais estudios de dobraxe e sonorización do país) aprenderás unha nova disciplina profesional e formaraste como actor ou actriz de dobraxe. Poderás chegar a traballar en todo tipo de contidos audiovisuais e desenvolverás a faceta artística para converter a túa voz e as túas capacidades interpretativas nas túas novas ferramentas de traballo.
O curso de dobraxe ofrece unha formación completa, que che permitirá acceder a unha profesión apaixonante cunha demanda crecente de voces novas, sen limitacións de sexo nin idade.
Precisas de máis razóns para te converter en actor ou actriz de dobraxe?
Adquirirás as habilidades necesarias para poder traballar na dobraxe profesional de longametraxes, series de televisión, webseries, documentais, publicidade, videoxogos, animación, contidos dixitais, audioguías, e-Learning, audiolibros etc.
Adquirirás destrezas para o desempeño da túa capacidade de comunicación en campos como o teatro, a impartición de relatorios, a divulgación, a docencia ou para traballos e profesións en que a oratoria é importante: avogacía, ensino, comunicación na empresa etc.
O curso permitirache coñecer e coidar o teu sistema oral/fonador e traballar a túa respiración para falares, recitares, cantares ou actuares. O curso é idóneo para desenvolveres o autocontrol e a autoestima, capacidades moi relacionadas coas necesidades de falar en público.
Faite profesional da dobraxe e da sonorización
Ao longo de varios meses, co noso curso de 120 horas, poderás chegar a converterte en actor ou actriz de dobraxe, emprestándolle a voz a todo tipo de producións audiovisuais, nun universo de novas posibilidades laborais relacionadas coa dobraxe para televisión, vídeo, cinema, lecer, entretemento, publicidade, documentais, contidos culturais, educativos, técnicos, científicos, deportivos, institucionais, corporativos, empresariais, para redes sociais, animación, videoxogos, contidos infantís etc. E aprenderás a dominar a voz como ferramenta de proxección persoal e de acceso a novas potencialidades profesionais.
Existe unha demanda laboral crecente ante o incremento de medios dixitais, plataformas, producións e contidos audiovisuais que precisan dobraxe ou sonorización profesional. Exíxese unha renovación permanente de voces nun oficio que require de todos os rexistros orais de calquera sexo e idade, desde infantís ata adultas.
Aprende con profesionais de primeiro nivel.
Os nosos profesores son directores/as, actores e actrices profesionais de dobraxe en activo, todos de primeiro nivel, con ampla experiencia e moi recoñecidos no sector.
Máis do 90 % de clases prácticas
O curso de dobraxe e sonorización outórgalle prioridade á práctica desde o comezo. Máis do 90 % do curso son prácticas reais de dobraxe ou sonorización nunha aula con equipamento de estudio profesional de gravación e materiais audiovisuais do propio estudio.
Precísanse voces novas
A dobraxe e a sonorización presentan unha demanda crecente e permanente de emprego ante o incremento de contidos audiovisuais e a necesidade de «voces novas» para seriais de televisión, videoxogos, audioguías, contidos sociais, documentais, animación, materiais educativos etc.
Accede a traballar de actor ou actriz de dobraxe
Co noso curso poderás incorporar ao teu currículo unha nova capacidade profesional que che abrirá posibilidades laborais novas. As prácticas do curso habilitarante para coñeceres por completo e chegares a exercer a profesión de actor ou actriz de dobraxe.
Profesores
Un grande equipo de directores/as de dobraxe, actores e actrices profesionais en activo, de primeiro nivel
ROSA DÍAZ
Profesional da radio desde 1983 e actriz de dobraxe e locutora de publicidade desde 1990. É coach de locución e voz, así como profesora habitual de cursos de dobraxe.
Como actriz de dobraxe participou, entre outras, nas versións castelás de títulos cinematográficos como «Los amigos de Peter», «Tina: La vida de Tina Turner», debuxos animados para Disney, series como «La Casa de la Pradera», «Santa Bárbara», «Skippy el Canguro», «Los vigilantes de la playa», «La Doctora Queen», «Los osos amorosos», «Policías de New York» etc.
MARINA SÁNCHEZ DE LA PEÑA
Actriz e directora profesional de dobraxe en activo desde o ano 1985, dobrou, entre outras actrices, a Isabelle Adjani, Robin Wright, Emma Thompson etc., e participou na dobraxe ao castelán para cine de títulos como «Los amigos de Peter», «El abogado del diablo», «El Cosmonauta», «Tina, la vida de Tina Turner» ou «Cars 3», así como en múltiples series de televisión, longametraxes, documentais e proxectos de voces superpostas. Dobra e dirixe indistintamente en lingua galega ou castelá.
Directora de dobraxe desde o ano 2005, foi responsable de cásting e directora das dobraxes ao castelán de series de sona como «Drake & Josh» ou «iCarly».
Desde 2007, desenvolve tamén tarefas de formación de dobraxe e sonorización como profesora titular de cursos dirixidos a estudios de gravación e axencias de formación.
COVADONGA BERDIÑAS
Profesional da dobraxe en activo desde 1987. Directora e actriz. Participou en dobraxes de películas de cine, televisión, documentais, animación, publicidade etc., tanto en Andalucía como en Galicia. Coñecida, sobre todo polo público xuvenil, por ser a voz en castelán de Josh Nicholson, na serie «Drake & Josh», ou da Sra. Benson en «iCarly».
Impartiu cursos de dobraxe desde o ano 2003.
Compaxina a súa carreira profesional na dobraxe coa súa traxectoria como actriz de cine, en títulos como «A Esmorga», «Emilia Pardo Bazán», «Un conto para Olivia», ou de televisión, en obras tales que «Vivir sin permiso», «Maridos e mulleres», «Padre Casares» ou «Dalia, a modista». Recibiu o premio Mestre Mateo 2017 á Mellor Actriz Secundaria polo seu papel nesta última.
JUAN IGNACIO BORREGO VÁZQUEZ
Director de dobraxe e profesional da sonorización e da publicidade con máis de 40 anos de experiencia profesional e máis de 35 anos de experiencia docente.
Pertencente á primeira promoción de actores de dobraxe de Galicia de 1982, foi o director de dobraxe máis novo de España en 1985, onde comezou a desenvolver tarefas de dirección tanto en galego como en castelán.
Propietario de BabalúStudios, responsable de calidade e actor e director, capta e xestiona proxectos de dobraxe e de sonorización para grandes grupos de produción nacionais e internacionais.
Formación personalizada
Grupos SÚPERREDUCIDOS, máximo 8 alumnos por grupo, con formación personalizada.
Docentes profesionais en activo e recoñecidos no sector.
Os docentes son directores e actores/actrices de dobraxe en activo, de primeiro nivel, con máis de 25 anos de experiencia
Curso práctico nun 90 % das horas lectivas
Aproximadamente o 90 % do curso é práctico; traballarase sobre longametraxes, series, documentais, animación etc.
Unha alta porcentaxe de alumnos comeza a traballar ao finalizar o curso
Abre un horizonte novo nas túas posibilidades laborais, descubre novos campos profesionais nun sector con demanda crecente
Aumenta as túas posibilidades de emprego
Ampliarás o teu currículo. Terás o teu propio audiobook con mostras de audio que poderás presentar a empresas, directores/as e axentes
Posibilidade de prácticas remuneradas en BabalúStudios
Poderás participar en proxectos de dobraxe reais e remunerados de diferentes disciplinas audiovisuais
Fórmate como locutor profesional con Babalú Studios Academy
A túa voz como ferramenta de traballo,
queres formarte en Babalú Studios Academy?
Co noso curso de dobraxe aprenderás como usar de forma profesional a túa voz e abrirás novas oportunidades de traballo para o teu futuro. O noso curso é unha formación completa de 120 horas que che ensinará todo o que necesitas saber para converterte en actor ou actriz de dobraxe.
Desenvolveraste no ámbito creativo e audiovisual convertendo a túa voz na túa ferramenta de traballo, aprendendo a coidala, modulala, saber como utilizala para transmitir emocións, e moito máis!
O curso permitirache coñecer e coidar o teu sistema oral e fonador, ademais de aprender a xestionar a túa respiración para falar, recitar, cantar ou actuar. O curso é idóneo para o desenvolvemento do autocontrol e a autoestima, capacidades moi relacionadas coa necesidade de falar en público.