BabalúStudios

Dobraxe e sonorización

Persoas moi involucradas coa calidade, equipos de última xeración e procesos definidos para salientarmos o brillo que diferenciará as nosas producións.

Gravación de dobraxe

‘Tocar o violín montando en bicicleta’.

A Juan R. Guisán, recoñecido actor e pioneiro na nosa actividade, non lle faltaba razón. A creación artística camiña en paralelo ás tecnoloxías e aos progresos, pero sen perder a esencia única do artesán no resultado da súa obra.

En Babalú Studios dotámonos dos últimos equipamentos e situámonos á vangarda do deseño de procesos e dos avances técnicos para salientar ese brillo que impregnará as nosas producións nos ámbitos da gravación, a dobraxe, a sonorización, a localización, a publicidade etc.

A credibilidade vai unida ao sentimento das persoas que participan nunha sesión de dobraxe. As máquinas, as aplicacións e os medios pódense adquirir, pero o matiz dunha frase entregada a unha escena é froito do talento humano, persoal, único, fugaz, fresco, imperceptible ás veces, pero xeneroso e irrepetible.

Babalú Studios, unha empresa fundada no ano 2007 por profesionais con máis de 40 anos de recoñecido prestixio no sector.

Babalú Studios Academy
Escola de Dobraxe

Babalú Studios é o centro de formación onde aprenderás a usar o instrumento de comunicación máis completo do ser humano: a voz

Cos nosos cursos tiraraslle o máximo proveito á voz e converteraste en actor ou en actriz de dobraxe, cualificándote tamén para traballares en múltiples sectores (ademais do audiovisual) ao manexar a voz como ferramenta de traballo.

Casting de voces

Babalú Studios conta cun extenso catálogo de voces.
Descubre o noso estudio de grabación.

Universo Babalú

Nós

Sobre nosotros Babalú

Babalú Studios conta con moitos anos de experiencia e con proxectos de recoñecido éxito no sector audiovisual grazas ao valor do noso equipo humano; un equipo traballador, implicado e con gran capacidade para alcanzar a excelencia en cada proxecto.

Proxectos

Proyectos realizados Babalú

Desde os nosos comezos, traballamos con moitas compañías nacionais e internacionais en múltiples proxectos de dobraxe de longametraxes, series, documentais e mais tamén de sonorización, localización, voces superpostas, multimedia, subtitulado, audiodescrición etc.

Estudio

Instalaciones y equipamiento Babalú

Equipamento e instalacións en continua actualización para proporcionar o mellor resultado, xunto á máis alta calidade, flexibilidade e eficacia, acordes ás maiores exixencias.

Falamos?

Para máis información, solicitude de orzamentos ou interese na formación de Babalú Studios Academy, póñase en contacto connosco.

Contcto