Gravación

Por unha banda, os grandes e comprometidos profesionais estritamente seleccionados para cada proxecto, xunto cos medios dixitais de vangarda, permítennos afrontar a gravación, a mestura, a edición de audio e o resto de necesidades de posprodución. Por outra banda, tamén o subtitulado de calquera produción audiovisual.

Unha potente compoñente humana e un selo de estilo propio con que lacramos os traballos que realizamos fortalecen o noso compromiso de distinguir a peculiaridade de cada proxecto. As nosas máquinas sempre traballarán baixo as premisas da creatividade das persoas, os mellores activos da compañía, quen, co seu esforzo, serán os artífices da calidade do resultado final e do logro da máxima satisfacción, ante as maiores exixencias.

Proporcionamos servizos de gravación de voz para dobraxe, voces superpostas, sonorización, publicidade etc., en diferentes linguas e con distintos colaboradores nacionais e internacionais. Ao longo do tempo, fomos consagrando unha experiencia que nos outorgou un valorado recoñecemento.

É o esforzo constante por alcanzar a máxima calidade, á procura sempre do abano de matices que consoliden esa diferenza, o que matiza as nosas propostas.

Dirección, gravación, edición e supervisión

En Babalú Studios ofrecemos un servizo completo personalizado a cada proxecto. Unha análise previa, a designación dos responsables implicados e o desenvolvemento coordinado de todas as pezas, adaptado ao que cada cliente precisa, sexa en cada fase, sexa na execución completa das tarefas, constitúen a nosa filosofía.

O estudio

Equipo e instalaciones

Instalacións e máquinas dedicadas a realzar o talento das persoas

En Babalú Studios combinamos a calidade técnica e as últimas tecnoloxías para proxectar a calidade humana. Así ofrecemos obras enchoupadas de sentimento e de credibilidade.

Contamos con equipamentos, deseño de procesos e avances pensados para obter o mellor resultado final.

Equipo Babalú

Humildade, traballo, respecto e capacidade de diálogo son conceptos que non queremos deixar á marxe.

O equipo humano é o principal activo de Babalú Studios. Apoiados na experiencia, as liñas dos trazos que proxectamos son cada vez máis rectas, pois aplicámolas con honestidade e rigor xunto cos nosos clientes, provedores e colaboradores.

A voz que precisas

As voces para o teu próximo proxecto, ese matiz especial e esa característica que buscas figuran no noso catálogo de voces. Voces locais, nacionais e estranxeiras á medida das túas exixencias.