Gravación
Por unha banda, os grandes e comprometidos profesionais estritamente seleccionados para cada proxecto, xunto cos medios dixitais de vangarda, permítennos afrontar a gravación, a mestura, a edición de audio e o resto de necesidades de posprodución. Por outra banda, tamén o subtitulado de calquera produción audiovisual.
Unha potente compoñente humana e un selo de estilo propio con que lacramos os traballos que realizamos fortalecen o noso compromiso de distinguir a peculiaridade de cada proxecto. As nosas máquinas sempre traballarán baixo as premisas da creatividade das persoas, os mellores activos da compañía, quen, co seu esforzo, serán os artífices da calidade do resultado final e do logro da máxima satisfacción, ante as maiores exixencias.

Dirección, gravación, edición e supervisión
En Babalú Studios ofrecemos un servizo completo personalizado a cada proxecto. Unha análise previa, a designación dos responsables implicados e o desenvolvemento coordinado de todas as pezas, adaptado ao que cada cliente precisa, sexa en cada fase, sexa na execución completa das tarefas, constitúen a nosa filosofía.
O estudio
Instalacións e máquinas dedicadas a realzar o talento das persoas

Humildade, traballo, respecto e capacidade de diálogo son conceptos que non queremos deixar á marxe.
O equipo humano é o principal activo de Babalú Studios. Apoiados na experiencia, as liñas dos trazos que proxectamos son cada vez máis rectas, pois aplicámolas con honestidade e rigor xunto cos nosos clientes, provedores e colaboradores.
A voz que precisas
As voces para o teu próximo proxecto, ese matiz especial e esa característica que buscas figuran no noso catálogo de voces. Voces locais, nacionais e estranxeiras á medida das túas exixencias.











